Presentamos unha iniciativa para revocar a condición de utilidade pública da Red Madre e para derrogar a Lei 5/2010 do 23 de xuño, pola que se establece e regula unha rede
de apoio á muller embarazada, que só é un subterfuxio para poñer en contacto mulleres vulnerables coa Red Madre e para permitirlles optar a subvencións.
Nós defendemos ampliar a rede de orientación afectivo-sexual e os recursos públicos de apoio ás mulleres en situacións vulnerables, así como o número de matronas/matróns. :rage: Xa está ben de sufragar con cartos públicos a entidades que culpabilizan ás mulleres que desexan interromper o seu embarazo e que divulgan teorías seudocientíficas sobre o aborto, alén de divulgar ideas tan retrógradas como que unha das consecuencias do aborto son "problemas de parella". Delirante e intolerable. Este é o "centrismo" do PP.
Escoitade a intervención da voceira do PP, acusándonos ás mulleres da oposición e ás feministas de "non apoiar ás mulleres vulnerables que queiran seguir adiante cun embarazo". Apoialas é prestarlles recursos na rede pública e ter empregos e vidas dignas para todas.
TV irmandiña é a canle de Cerna. Organización política nacionalista nacida para contribuír sen competir con ninguén, a facer Galiza e o mundo máis libres e máis xustos: liberación nacional e social como caras dunha mesma moeda
0 Comments